Sony Xperia Z1 Compact - Son, ton de chamada e volume

background image

Son, ton de chamada e volume

Pode axustar o volume do ton de chamada para as chamadas entrantes e as

notificacións, así como para a reprodución de música e vídeo. Pode axustar o

dispositivo no modo de silencio e decidir canto tempo estará o dispositivo no modo de

silencio de forma manual. Tamén pode preaxustar cando estará o dispositivo no modo

de silencio de forma automática.

Para axustar o volume do ton de chamada coa tecla de volume

Prema a tecla de volume cara arriba ou cara a abaixo.

Para axustar o volume da reprodución multimedia coa tecla de volume

Mentres se reproduce música ou está a visualizar vídeo, prema a tecla de volume

cara arriba ou cara abaixo mesmo cando a pantalla está bloqueada.

Para activar o modo de vibración

Prema a tecla de volume cara abaixo ou cara arriba ata que apareza

na barra

de estado.

Para activar o modo de silencio

1

Prema a tecla de volume cara abaixo ata que apareza na barra de estado.

2

Seleccione un intervalo de tempo.

Opcións de configuración do modo de silencio

Indefinidamente

Manter o dispositivo en silencio ata que active o son de forma manual.

Durante unha hora Manter o dispositivo en silencio durante unha hora. Pode pulsar as iconas de menos e

máis para axustar a duración.

42

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para programar intervalos de tempo do modo de silencio

1

Prema a tecla de volume cara abaixo ata que apareza na barra de estado.

2

Pulse .

3

Localice e pulse

Días, marque as caixas de verificación para os días relevantes e

despois pulse

Feito.

4

Para axustar a hora de inicio, pulse

Hora de inicio e seleccione una valor;

despois, pulse

Aceptar.

5

Para axustar a hora de inicio, pulse

Hora de finalización e seleccione un valor;

despois, pulse

Aceptar. O dispositivo permanece no modo de silencio durante o

intervalo de tempo seleccionado.

Axustar excepcións para o modo de silencio

Pode seleccionar que tipos de notificacións teñen permitido soar no modo de silencio e

pode filtrar excepcións baseándose en de quen vén a notificación. Os tipos máis

comúns de excepcións son:

Eventos e recordatorios

Chamadas

Mensaxes

Alarmas

Para permitir que soen excepcións no modo de silencio

1

Prema a tecla de volume cara abaixo ata que apareza na barra de estado.

2

Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de

Permitir

excepcións.

Para axustar notificacións como excepcións no modo de silencio

1

Prema a tecla de volume cara abaixo ata que apareza na barra de estado.

2

Pulse .

3

En

Excepcións no modo Silencio, arrastre o control desprazable correspondente

á dereita.

Para asociar excepcións con tipos de contactos específicos

1

Prema a tecla de volume cara abaixo ata que apareza na barra de estado.

2

Pulse .

3

Localice e pulse

Chamadas/mensaxes de.

4

Seleccione unha opción.

Para permitir que soen alarmas no modo de silencio

1

Prema a tecla de volume cara abaixo ata que apareza na barra de estado.

2

Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de

Permitir alarma.

Para permitir que soen excepcións durante un intervalo de modo de silencio

preestablecido

1

Prema a tecla de volume cara abaixo ata que apareza na barra de estado.

2

Pulse .

3

Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de

Excepcións.

Para axustar os niveis do son

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación.

3

Arrastre os controis desprazables de volume ás posicións desexadas.

Tamén pode premer na tecla de volume cara arriba ou cara abaixo e despois pulsar para

axustar os niveis de volume do ton de chamada, a reprodución multimedia e a alarma de

forma separada.

43

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para configurar o modo de vibración para chamadas entrantes

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación.

3

Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de

Vibrar tamén

nas chamadas.

Para configurar un ton de chamada

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación > Ton de chamada do tel..

3

Seleccione unha opción da lista ou pulse e seleccione un ficheiro de música

gardado no dispositivo.

4

Para confirmar, pulse

Feito.

Para seleccionar o son das notificacións

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación > Son de notificación.

3

Seleccione unha opción da lista ou pulse e seleccione un ficheiro de música

gardado no dispositivo.

4

Para confirmar, pulse

Feito.

Algunhas aplicacións teñen os seus propios sons de notificación específicos, que pode

seleccionar nos axustes da aplicación.

Para activar os tons de pulsación

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación > Outros sons.

3

Arrastre á dereita os controis desprazables que están a carón de

Tons ao tocar o

tecl. telefónico e Sons ao tocar.