Recibir chamadas
Se recibe unha chamada cando o dispositivo está en modo de suspensión ou a pantalla
está bloqueada, a aplicación de teléfono ábrese en formato de pantalla completa. Se
recibe unha chamada cando a pantalla está activa, a chamada entrante aparece como
unha notificación flotante, é dicir, nunha ventá minimizada que flota na parte superior de
calquera pantalla aberta. Cando chega a notificación, pode responder á chamada e abrir
a pantalla da aplicación de teléfono ou pode rexeitar a chamada e permanecer na
pantalla actual.
Para responder a unha chamada cando a pantalla está inactiva
•
Arrastre cara á dereita.
Para responder a unha chamada entrante cando a pantalla está activa
•
Na notificación flotante que aparece na parte superior da pantalla, pulse
RESPONDER.
En lugar de responder a chamada, vostede pode ir á pantalla principal da aplicación do
teléfono pulsando a parte superior da ventá da notificación flotante. Con este método, ten
máis opcións para xestionar a chamada. Por exemplo, pode decidir rexeitar a chamada
cunha mensaxe ou reenviar a chamada ao contestador automático.
Para rexeitar unha chamada cando a pantalla está inactiva
•
Arrastre cara á esquerda.
Para rexeitar a unha chamada entrante cando a pantalla está activa
•
Na notificación flotante que aparece na parte superior da pantalla, pulse
DENEGAR.
En lugar de rexeitar unha chamada, pode ir á pantalla principal da aplicación de teléfono
pulsando a parte superior da ventá de notificación flotante. Con este método, ten máis
opcións para xestionar a chamada. Por exemplo, pode decidir rexeitar a chamada cunha
mensaxe ou reenviar a chamada ao contestador automático.
Para silenciar o ton de chamada dunha chamada entrante
•
Cando reciba a chamada, prema a tecla de volume.
Uso do contestador automático
A aplicación de contestador automático do dispositivo permítelle responder a chamadas
cando está ocupado ou se perde unha chamada. Pode activar a función de contestador
automático e determinar cantos segundos pasarán antes de que salte o contestador
automático. Tamén pode encamiñar manualmente as chamadas ao contestador
62
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
automático se está demasiado ocupado para responder nese momento. Pode acceder
ás mensaxes deixadas no contestador automático directamente desde o dispositivo.
Antes de utilizar o contestador automático, debe gravar unha mensaxe de saúdo.
Para gravar un saúdo para o contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Contestador Xperia™ > Saúdos.
3
Pulse
Gravar un novo saúdo e siga as instrucións da pantalla.
Para activar o contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Contestador Xperia™.
3
Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de
Contestador.
Se non define un tempo de espera para que salte o contestador automático, utilízase o valor
predeterminado.
Para configurar un tempo de espera para o contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Contestador Xperia™.
3
Pulse
Responder despois de.
4
Axuste a hora desprazándose cara arriba e cara abaixo.
5
Pulse
Feito.
Para desviar unha chamada entrante ao contestador de chamadas
•
Ao recibir unha chamada, arrastre
Opcións de resposta cara arriba e logo
seleccione
Rexeitar co contestador.
Ao recibir unha chamada, tamén pode simplemente esperar a que pase o tempo de espera
preaxustado para que o contestador responda á chamada automaticamente.
Para escoitar mensaxes no contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Contestador Xperia™ > Mensaxes.
3
Seleccione a mensaxe de voz que desexa escoitar.
Tamén pode escoitar as mensaxes do contestador automático directamente desde o rexistro
de chamadas se pulsa .
Rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto
Pode rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto. Cando rexeita unha chamada
cunha mensaxe, a mensaxe envíase de xeito automático ao emisor da chamada e
almacénase na conversa de mensaxería co contacto.
Pode seleccionar entre unha serie de mensaxes predefinidas que lle ofrece o dispositivo,
ou ben crear unha mensaxe nova. Tamén pode editar as mensaxes predefinidas para
crear as súas propias mensaxes personalizadas.
Rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto
1
Cando reciba unha chamada, arrastre
Opcións de resposta cara arriba e despois
pulse
Rexeitar con mensaxe.
2
Seleccione unha mensaxe predefinida ou pulse e escriba unha mensaxe nova.
Rexeitar unha segunda chamada cunha mensaxe de texto
1
Se escoita tons de aviso repetidamente durante unha chamada, arrastre
Rexeitar
con mensaxe cara arriba.
2
Seleccione unha mensaxe predefinida ou pulse e escriba unha mensaxe nova.
63
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Editar a mensaxe usada para rexeitar unha chamada
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Rexeitar chamada con mensaxe.
3
Pulse na mensaxe que desexe editar e faga os cambios que precise.
4
Pulse
Aceptar.