Compartir a conexión de datos móbiles
Hai varios xeitos de compartir a conexión de datos móbiles con outros dispositivos:
•
Uso do móbil como router por USB: use un cable USB para compartir a conexión de
datos móbiles cun ordenador.
•
Uso do móbil como router por Bluetooth®: comparta vía Bluetooth® a conexión de
datos móbiles con ata cinco dispositivos.
•
Punto de conexión portátil por Wi-Fi®: comparta simultaneamente a conexión de datos
móbiles con ata 8 dispositivos, incluídos os que admiten a tecnoloxía WPS.
Para compartir a conexión de datos usando un cable USB
1
Desactive todas as conexións por cable USB ao dispositivo.
2
Co cable USB fornecido co seu dispositivo, conecte o dispositivo a un ordenador.
3
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
4
Localice e pulse
Axustes > Máis > Móbil como router e punto con. port..
5
Arrastre cara á dereita o control desprazable situado a carón de
Uso do móbil
como router USB e logo, en caso de que llo pidan, pulse Aceptar. aparece na
barra de estado ao conectarse.
6
Para deixar de compartir a conexión de datos, arrastre cara á esquerda o control
desprazable que está situado a carón de
Uso do móbil como router USB ou
desconecte o cable USB.
Non pode compartir a conexión de datos do seu dispositivo e a tarxeta SD cun cable USB ao
mesmo tempo.
35
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para compartir a conexión móbil de datos con outro dispositivo Bluetooth®
1
Asegúrese de que o seu dispositivo e o dispositivo Bluetooth® están asociados
entre eles e que o tráfico de datos móbiles está activado no dispositivo.
2
O seu dispositivo: Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Máis > Móbil como router e punto con. port. e logo
arrastre cara á dereita o control desprazable que está situado a carón de
Ancoraxe por Bluetooth.
4
Dispositivo Bluetooth®: configure o dispositivo para que estableza a súa
conexión de rede mediante Bluetooth®. Se o dispositivo é un ordenador, consulte
as instrucións correspondentes para completar a configuración. Se o dispositivo
funciona co sistema operativo Android™, vaia a
Axustes > Bluetooth >
Dispositivos asociados e pulse a icona de axustes que está situada a carón do
nome do dispositivo co que está asociado; despois, marque a caixa de
verificación
Acceso á Internet.
5
O seu dispositivo: agarde a que apareza na barra de estado. Cando apareza,
a configuración estará rematada.
6
Para deixar de compartir a conexión de datos móbiles, arrastre cara á esquerda o
control desprazable que está situado a carón de
Ancoraxe por Bluetooth.
A función
Ancoraxe por Bluetooth desactívase cada vez que se apaga o dispositivo ou se
desactiva a función Bluetooth®.
Para obter máis información sobre a asociación e a activación de datos móbiles, consulte
Para asociar o seu dispositivo a outro dispositivo Bluetooth®
na páxina 121 e
Para engadir
unha rede privada virtual (VPN)
na páxina 39.
Para usar o dispositivo como un punto de conexión Wi-Fi® portátil
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis > Móbil como router e punto con. port..
3
Pulse
Axust. de punto de conex. Wi-Fi port. > Configurar punto de conexión Wi-
Fi.
4
Introduza a información de
Nome de rede (SSID).
5
Para seleccionar un tipo de seguridade, pulse o campo
Seguridade. Se é
necesario, introduza un contrasinal.
6
Pulse
Gardar.
7
Pulse e arrastre cara á dereita o control desprazable que está situado a carón
de
Lug. conex. Wi-Fi port..
8
En caso necesario, pulse
Aceptar para confirmar. aparece na barra de estado
cando o punto de conexión Wi-Fi® portátil está activado.
9
Para deixar de compartir a súa conexión a través de Wi-Fi®, arrastre á esquerda
o control desprazable que está a carón de
Lug. conex. Wi-Fi port..
Para permitir que un dispositivo compatible con WPS utilice a súa conexión móbil de
datos
1
Asegúrese de que o dispositivo funciona como un punto de conexión portátil por
Wi-Fi®.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Máis > Móbil como router e punto con. port. > Axust.
de punto de conex. Wi-Fi port..
4
Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de
Detectable.
5
En
Configurar punto de conexión Wi-Fi, asegúrese de que o punto de conexión
portátil está protexido por un contrasinal.
6
Pulse
Botón de comando WPS e siga as instrucións pertinentes. Tamén pode
pulsar >
Entrada de PIN WPS e introducir o PIN que aparece no dispositivo
compatible con WPS.
36
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para renomear ou fixar o seu lugar de conexión portátil
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Máis > Móbil como router e punto con. port..
3
Pulse
Axust. de punto de conex. Wi-Fi port. > Configurar punto de conexión Wi-
Fi.
4
Introduza o
Nome de rede (SSID) da rede.
5
Para seleccionar un tipo de seguridade, pulse o campo
Seguridade.
6
Se é necesario, introduza un contrasinal.
7
Pulse
Gardar.