Sincronización con contas en liña
Sincronice o dispositivo con contactos, correo electrónico, eventos de calendario e outra
información de contas en liña. Por exemplo, pode sincronizar contas de correo
electrónico como Gmail™, Exchange ActiveSync, Facebook™, Flickr™ e Twitter™.
Pode sincronizar automaticamente os datos de todas estas contas se activa a función
de sincronización automática. Non obstante, tamén pode sincronizar cada conta de
xeito manual.
Para configurar unha conta en liña para sincronizar
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse
Configuración > Contas > Engadir conta e logo seleccione a conta que
quere engadir.
3
Siga as instrucións para crear unha conta ou inicie sesión se xa dispón dunha.
Para sincronizar manualmente cunha conta en liña
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse >
Configuración > Contas.
2
En
Contas, seleccione o tipo de conta e logo pulse o nome da conta coa que
desexe sincronizar. Aparece unha lista de elementos que amosa o que se pode
sincronizar coa conta.
3
Pulse os elementos que quere sincronizar.
Para eliminar unha conta en liña
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse >
Configuración > Contas.
2
En
Contas, seleccione o tipo de conta e logo pulse o nome da conta que desexe
eliminar.
3
Pulse e logo
Eliminar conta.
4
Pulse
Eliminar conta de novo para confirmar.