Sony Xperia Z1 Compact - Usar os servizos de localización

background image

Usar os servizos de localización

Os servizos de localización permiten ás aplicacións como Mapas e a cámara usar

información de redes Wi-Fi® e móbiles, e tamén información do sistema de

posicionamento global (GPS) para determinar a súa localización aproximada. Se non

está nunha liña clara de visión para os satélites GPS, o dispositivo pode determinar a

súa localización mediante a función Wi-Fi®. E se non está no alcance dunha rede Wi-

Fi®, o dispositivo pode determinar a súa localización usando a rede móbil.
Para usar o dispositivo a fin de saber onde está, ten que activar os servizos de

localización.

A conexión á Internet desde o seu dispositivo pode implicar custos pola transmisión de datos.

Para activar ou desactivar os servizos de localización

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Servizos de localización, e logo pulse o conmutador

de acender e apagar para activar ou activar os servizos de localización.

3

Se seleccionou activar os servizos de localización no paso 2, pulse

Aceptar para

confirmar.

Mellorar a precisión do GPS

A primeira vez que utilice a función GPS no dispositivo, pode tardar entre 5 e 10 minutos

en atopar a súa localización. Para axudar na procura, asegúrese de ter unha visión clara

do ceo. Permaneza quieto e non cubra a antena GPS (a zona marcada na imaxe). Os

sinais do GPS poden atravesar nubes e plástico, pero non poden pasar a través da

maioría de obxectos sólidos, como edificios ou montañas. Se a súa localización non se

atopa despois duns minutos, móvase a outra localización.