Uso do dispositivo cun sistema "infotainment" para coche
Conecte o dispositivo a un sistema infotainment para coche con certificación
MirrorLink™ mediante un cable USB e poderá, por exemplo, utilizar unha aplicación de
navegación ou reproducir música desde o dispositivo mentres conduce. Se o conecta,
poderá navegar polas aplicacións cos controis do sistema infotainment do vehículo.
É posible que algunhas aplicacións non estean dispoñibles coa conexión MirrorLink™.
Ademais, os datos protexidos, como poden ser os vídeos amparados baixo Xestión de
dereitos dixitais (DRM), non están dispoñibles vía MirrorLink™.
Conectar o dispositivo a un sistema infotainment para coche
•
Conecte o dispositivo e o sistema infotainment para coche mediante un cable
USB. A pantalla do dispositivo aparece na pantalla do sistema infotainment.
É posible que teña que iniciar MirrorLink™ manualmente se a conexión entre o dispositivo e o
sistema infotainment non se establece automaticamente.
127
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para iniciar MirrorLink™ de xeito manual
1
Asegúrese de que o seu dispositivo está conectado ao sistema de información e
entretemento do coche usando un cable USB.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Configuración > Conectividade Xperia™ > MirrorLink™.
4
Pulse
Iniciar MirrorLink™ e logo Aceptar.
5
Se a conexión aínda é errónea, pulse
Enderezo de rede para cambiar a outro
enderezo de rede no caso de que a mesma rede estea a ser usada por outros
servizos como o Bluetooth® e o Wi-Fi® e volva tentalo.